Matrícula 2025 – 2026
- Información e consultas en matriculabrincadeira@gmail.com
PRAZOS MATRICULA (praza por orde de inscrición rexistrada no formulario)
- ANTIGO ALUMNADO: 8 de Setembro 2025 a 14 de Setembro 2025
- NOVO ALUMNADO: 15 de Setembro 2025 a 30 de Setembro 2025
O proceso de selección será por orde de chegada das solicitudes. Acórdate de darlle a enviar unha vez completado o formulario. Notificaremos vía correo electrónico a cada persoa da adxudicación da praza na actividade para formalizar a matricula.
A praza gardarase 48 h. dende a notificación por correo, polo que rogamos atención aos correos electrónicos e á bandexa de correo non desexado. Aconsellamos agregar ao noso enderezo para as matrículas á lista de contactos do correo: matriculabrincadeira@gmail.com
A inscrición realizase a través do Google Forms:
>>> FORMULARIO <<<
FORMA DE PAGO: MATRÍCULA E PRIMEIRO MES
O importe do primeiro mes e a matrícula deben aboarse a través de transferencia bancaria nun prazo máximo de 48h dende o envío deste documento.
No caso de non efectuarse este pago pérdese o dereito á praza reservada.
A TRANSFERENCIA DEBE SER INDIVIDUAL. No caso de que o titular da conta vaia facer o pago de dúas ou máis persoas, terá que realizalo en transferencias diferentes/individuais.
PREZOS POR ACTIVIDADE:
- 17 €/mes, 13 anos en adiante
- 15 €/mes, nenas/os de 12 anos ou menos
- Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 20:00h e 21:00h con David Canto
- Mércores 10:00h, 11:00h e 12:00h con David Canto
PREZO DE MATRÍCULA:
- 30€
EXENCIÓN DE MATRÍCULA
- No caso dos familiares: nai, pai, fillos/as, irmá/n menores de idade, só paga a matrícula un dos membros. Os demáis están exentos.
- O alumnado que asista a dúas ou mais actividades queda exento de matrícula. No caso de ter que dar de baixa algunha actividade e quedar só nunha, é necesario aboar o importe da matrícula.
Beneficios non acumulables. É dicir, pódese pedir só unha das exencións: familia ou actividades múltiples.
DATOS BANCARIOS:
Titular: Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira
Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNA/O + MATRICULA»
€ total: 30€ de matrícula + 1ºmes da/s actividade/s elixida/s
NORMAS:
- No caso de darse de BAIXA, terá que comunicala antes do día 25 do mes, notificándoa ao correo: matriculabrincadeira@gmail.com. No caso contrario, terá que aboar o mes completo.
- No caso de pago do curso completo NON SE FARÁ o REEMBOLSO das clases aboadas ás que non se asista.
- Cobrarase SEMPRE o mes completo, independentemente de que se comecen as clases a mes avanzado [ 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª semana]
MÉTODO DE PAGO DO CURSO:
- DOMICILIACIÓN BANCARIA MENSUAL
- PAGO DE TODO O CURSO
No caso de seleccionar «PAGO DE TODO O CURSO«, gozará dun desconto dunha mensualidade. Non se poderá facer devolución ao longo do curso por darse de baixa. Desconto válido só no período de matrículas (ata 30 de setembro de 2025).
Para a realización do pago poderá facelo de forma presencial dende o 22 de Setembro de 2025 ata o 30 de Setembro de 2025 no local de Brincadeira de Luns a Venres de 18:00h a 21:00h. (Rúa das Oblatas 77, por Rueiro de Figueiriñas)
Se prefires, podes facelo por transferencia bancaria:
DATOS BANCARIOS:
- Titular: Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira
- Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
- IMPORTANTE!! -> Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNA/O + CURSO COMPLETO»
No caso de domiciliación, deberás cubrir o documento a continuación: (Só deben cubrilo alumnas/os novas/os ou se cambiaches de conta bancaria)
Cota Mensual
17 €/mes
15 €/mes (nenas/os até 12 anos inclusive)
Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 20:00h e 21:00h con David Canto
- Mércores 10:00h, 11:00h e 12:00h con David Canto
As clases inician o día mércores 01 de Outubro de 2025
* No caso de que se esgoten as prazas, tentaremos establecer horarios para formar novas clases segundo dispoñibilidade do local e profesorado.
Inscríbete
A inscrición é a partir dun formulario online. Cando se abra o prazo poderás acceder dende aquí.