Matrícula 2026 – 2027

- Información e consultas en gbrincadeira@gmail.com
PRAZOS MATRÍCULA (praza por orde de inscrición rexistrada no formulario)
- EN LIÑA: Do 7 de setembro ao 7 de outubro.
- PRESENCIAL: Do 14 de setembro ao 7 de outubro.
O proceso de selección será por orde de chegada das solicitudes. O alumnado doutros anos e os preinscritos no curso anterior ten prioridade, no caso de exceder o número de integrantes dos grupos.
Recorda de darlle a ENVIAR unha vez completado o formulario.
Notificarase vía correo electrónico a cada persoa a adxudicación da praza na actividade, para así formalizar a matrícula, requisito indispensable para todxs.
1. Cubrir formulario e darlle a enviar.
2. Esperar confirmación vía electrónica de aceptación.
3. Realizar o pago antes de 48 horas.
A praza gardarase estas 48 horas, dende a notificación por correo pendente de pago da matrícula e primeiro mes (como mínimo), polo que se prega atención aos correos electrónicos e á bandexa de correo non desexado.
IMPORTANTE! Débese agardar a confirmación da praza antes de facer o pago.
Aconséllase agregar o enderezo da Asociación para as matrículas á lista de contactos do correo: gbrincadeira@gmail.com.
FORMA DE PAGO: MATRÍCULA E PRIMEIRO MES
O importe do primeiro mes e a matrícula deben aboarse a través de transferencia bancaria nun prazo máximo de 48 horas dende o envío deste formulario.
No caso de non se efectuar este pago, pérdese o dereito á praza reservada.
A TRANSFERENCIA DEBE SER INDIVIDUAL. No caso de que o titular da conta vaia facer o pago de dúas ou máis persoas, terá que realizalo en transferencias diferentes/individuais.
PREZOS POR ACTIVIDADE:
- 18 €/mes, 13 anos en adiante.
- 16 €/mes, nenxs de 12 anos (inclusive).
- Acordeón: 25€
- Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 21:00 e 22:00 con David Canto.
- Mércores 11:00 e 12:00 con David Canto.
PREZO DE MATRÍCULA:
- 30€
EXENCIÓN DE MATRÍCULA:
- No caso dos familiares: nai, pai, fillxs, irmá/n menores de idade, só paga a matrícula un dos membros. Os demais están exentos.
- O alumnado que asista a dúas ou mais actividades queda exento de matrícula. No caso de ter que dar de baixa algunha actividade e quedar só nunha, é necesario aboar o importe da matrícula.
Beneficios non acumulables (é dicir, pódese pedir só unha das exencións: familia ou actividades múltiples) e aplicables sempre que se manteña a matriculación durante todo o curso.
MÉTODO DE PAGO DO CURSO:
- DOMICILIACIÓN BANCARIA MENSUAL
- PAGO DE TODO O CURSO
No caso de seleccionar PAGO DE TODO O CURSO, gozará dun desconto dunha mensualidade. Non se poderá facer devolución ao longo do curso por darse de baixa. Desconto válido só no período de matrículas (ata 7 de outubro de 2026).
Para a realización do pago poderá facelo en liña, dende o 7 de setembro de 2026, ou de forma presencial, dende o 14 de setembro de 2026 ata o 7 de outubro de 2026, no local de Brincadeira, de Luns a Venres, de 18:00 a 20:00 (Rúa das Oblatas 77, por Rueiro de Figueiriñas).
Para facelo por transferencia bancaria:
DATOS BANCARIOS:
Titular: Grupo de Danza Brincadeira
Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNX + MATRÍCULA»
€ total:
- 30€ de matrícula + 1ºmes da/s actividade/s elixida/s.
- 30€ de matrícula + curso completo.
No caso de domiciliación, deberá cubrirse o documento a continuación: Dispoñible a partir do 7 de setembro.
A TER EN CONTA:
- No caso de se dar de BAIXA, terá que comunicala cun mes natural de adianto, notificándoa ao correo: gbrincadeira@gmail.com. No caso contrario, terá que aboar o mes seguinte completo.
- No caso de pago do curso completo NON SE FARÁ o REEMBOLSO das clases aboadas ás que non se asista.
- Cobrarase SEMPRE o mes completo, independentemente que o alumnado comece as clases a mes avanzado ( 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª semana).
- Os recibos domiciliados devoltos terán un recargo de 3€, de aí a importancia de comunicar a baixa cun mes natural de antelación.
Cota Mensual
18 €/mes
16 €/mes (nenxs ata 12 anos inclusive)
25 €/mes acordeón
Grupos reducidos: 25 €/mes:
As clases inician o día xoves 1 de Outubro de 2026
* No caso de que se esgoten as prazas, tentaremos establecer horarios para formar novas clases segundo dispoñibilidade do local e profesorado.
PROBAS DE NIVEL
Para acceder aos niveis e perfeccionamento de baile e de gaita + percusión haberá que realizar unha «proba de nivel»:
- Baile: 29 de setembro de 2026 ás 20:30.
- Gaita + percusión: 28 de setembro de 2026 ás 20:00.
A audición de selección para grupo avanzado das clases de gaita galega constará das seguintes probas:
- Afinación de todos os elementos do instrumento co que se realizará a proba de interpretación.
- Interpretación a primeira vista dunha partitura de dificultade media con ornamentación básica (apoiaturas, mordente, trinos, etc.). Será o mestre quen proporcione as partituras, escritas en Do ou en Re a elección d@ gaiteir@. No caso de gaiteir@s que aprenderan de oído, a proba de interpretación consistirá na repentización, por fragmentos, dunha peza de semellantes características interpretada polo mestre.
Veña, inscríbete!
A inscrición é a partir dun formulario en liña. Poderás acceder dende o 7 de setembro.







