
Matrícula
- Información e consultas en gbrincadeira@gmail.com
FORMA DE PAGO: MATRÍCULA E PRIMEIRO MES
O importe do primeiro mes e a matrícula deben aboarse a través de transferencia bancaria nun prazo máximo de 48 horas.
No caso de non se efectuar este pago, pérdese o dereito á praza reservada.
A TRANSFERENCIA DEBE SER INDIVIDUAL. No caso de que o titular da conta vaia facer o pago de dúas ou máis persoas, terá que realizalo en transferencias diferentes/individuais.
PREZOS POR ACTIVIDADE:
- 18 €/mes, 13 anos en adiante.
- 16 €/mes, nenxs de 12 anos (inclusive).
- Acordeón: 25€
- Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 21:00 e 22:00 con David Canto.
- Mércores 11:00 e 12:00 con David Canto.
PREZO DE MATRÍCULA:
- 30€
EXENCIÓN DE MATRÍCULA:
- No caso dos familiares: nai, pai, fillxs, irmá/n menores de idade, só paga a matrícula un dos membros. Os demais están exentos.
- O alumnado que asista a dúas ou mais actividades queda exento de matrícula. No caso de ter que dar de baixa algunha actividade e quedar só nunha, é necesario aboar o importe da matrícula.
Beneficios non acumulables (é dicir, pódese pedir só unha das exencións: familia ou actividades múltiples) e aplicables sempre que se manteña a matriculación durante todo o curso.
MÉTODO DE PAGO DO CURSO:
- DOMICILIACIÓN BANCARIA MENSUAL
- PAGO DE TODO O CURSO
Para facelo por transferencia bancaria:
DATOS BANCARIOS:
Titular: Grupo de Danza Brincadeira
Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNX + MATRÍCULA»
€ total:
- 30€ de matrícula + 1ºmes da/s actividade/s elixida/s.
- 30€ de matrícula + curso completo.
No caso de domiciliación, deberá cubrirse o documento dispoñible na asociación ou baixo petición por email.
A TER EN CONTA:
- No caso de se dar de BAIXA, terá que comunicala cun mes natural de adianto, notificándoa ao correo: gbrincadeira@gmail.com. No caso contrario, terá que aboar o mes seguinte completo.
- No caso de pago do curso completo NON SE FARÁ o REEMBOLSO das clases aboadas ás que non se asista.
- Cobrarase SEMPRE o mes completo, independentemente que o alumnado comece as clases a mes avanzado ( 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª semana).
- Os recibos domiciliados devoltos terán un recargo de 3€, de aí a importancia de comunicar a baixa cun mes natural de antelación.



